Perlío acolle un novo Merca in Fene o domingo 5 de outubro

Perlío acolle un novo Merca in Fene o domingo 5 de outubro

02 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Asociación de comerciantes de Fene ultima os preparativos da V Feira Outlet deste domingo en Perlío. Ata o momento son 14 os comercios que se inscribiron na cita de outono, a cuarta feira multisectorial "Merca in Fene". A rebaixa dos prezos en todo tipo de productos, especialmente do sector textil, é o maior atractivo desta feira que repite este ano a ubicación en Perlío. Os postos instalaranse no primeiro tramo da rúa San Salvador, baixo carpa, dend

Os comerciantes agasallarán aos clientes con 13 vales de compra de 20€ cada un, valorados en total nos 260€ . Sortearánse en dous momentos do día, pola mañá, á 13,30h e pola tarde, ás 20h. Cada cliente recibirá un vale ao realizar unha compra valorada en 10€ como mínimo. Á unha da tarde, no recinto do outlet, presentarase o I Concurso gastronómico da pataca que organiza o Concello de Fene e a asociación " O Cruceiro".

Sociedade