Permuta de parcela por local

O concello de Fene permutou unha parcela por un entrechán na parroquia de Perlio.
08 de Xaneiro, 2019 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

Ambas propiedades teñen un valor económico similar e aínda non se definiu o uso que se dará ao novo local, un entrechán ubicado en Marqués de Figueroa nº 98.

O concello de Fene dispón dun novo local, un entrechán de 237 metros cadrados sito na Avda Marqués de Figueroa nº 98-100, mercede a unha permuta cun solar de 272 metros cadrados ubicado tamén en Perlío, na traseira da coñecida como Praza Verde. A parcela equipárase economicamente ao local permutado. O novo patrimonio municipal, un entrechán no edificio ubicado entre o Economato textil de Navantia e a antiga farmacia de Perlío, en Marqués de Figueroa 98-100, destinarase a usos socioculturais aínda por determinar.

O solar do intercambio é chan urbanizable que hoxe en dia se utiliza como aparcamento en precario detrás da praza verde. Trátase do aparcamento máis pequeno dos dous que existen na zona. A permuta quedara pendente desde o ano 2015, coincidindo co cambio de mandato.

Institucional

Publica o teu comentario agora