A personalidade conta

A personalidade conta no deporte
28 de Outubro, 2020 - 10:52 h. | Publicada por Radio Fene

O psicólogo deportivo José Barcia plantéanos a reflexión a raíz dunha confesión de Pep Guardiola. Canto de importante nun xogador é a súa personalidade?.

ESCOITA O PODCAST:

Pep Guardiola confesou o seu segredo á hora de fichar a un xogador, observar a súa personalidade. A andamiaxe que todos levamos dentro, a personalidade, é importante en todas as facetas da vida. Para o adestrador catalán é importante ter esa información porque pode axudalo a decidir. A raíz desta confesión o psicólogo deportivo, José Barcia, comparte con nós que hai poucos estudos que certifiquen que os equipos fagan isto de forma sistemática pero coincide con Guardiola en que todos os xogadores teñen as súas habilitades técnicas, pero non todos teñen a mesma mentalidade. “Os pais e os adestradores deberían escoitalo”, afirma Barcia. E Explica que os equipos collen aos mellores, aos que destacan física e tecnicamente pero unha parte moi pequena deles chegan a formar parte do deporte profesional.

“Seguramente a diferencia márcaa como son, a súa personalidade”. En que se traduce isto? En como reaccionan cando as cousas van mal, cando o entrenador non conta con eles, cando o público é hostil, cando perdes o partido da túa vida… Esa é a gran diferencia entre uns e outros. Para Guardiola iso é o que marca a diferencia e para Barcia iso é o que, desde o punto de vista formativo, debera terse en conta. Tamén é verdade que a personalidade por si soa non da o éxito. “É un punto máis a ter en conta porque hai moitos factores que non podemos controlar, factores que inflúen máis aló do propio xogador”. Quizás aí está a gracia do deporte.

 

(Na imaxe, xogadora do Maniños feminino na temporada pasada)

Deportes

Publica o teu comentario agora