Perto de cincocentas persoas visitaron o pazo de Goiáns en Semana Santa

Perto de cincocentas persoas visitaron o pazo de Goiáns en Semana Santa

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro está moi satisfeito da acollida das visitas guiadas ao pazo e a finca de Goiáns organizadas pola Concellería de Turismo, que dirixe Francisca Suárez Lijó, durante esta Semana Santa. A pesares da mal tempo, sobre todo nas xornadas de xoves e venres, un total de 450 persoas participaron nesta iniciativa, entre veciños de Boiro e visitantes que pasaban estes días na nosa localidade.

Cómpre lembrar que o Concello de Boiro, coa intención de que todos os que o desexen coñezan a riqueza e o valor histórico e paisaxístico deste enclave, continúa co programa de visitas guiadas dirixidas tanto a grupos como a particulares. Ditas visitas serán os sábados ás 17.00 horas, e para participar é preciso anotarse previamente no Departamento de Turismo( teléfono 981 842654, mail turismo@boiro.org.)

Por outra banda, os usuarios do Centro de Día de Boiro tamén realizarán unha visita guiada ao pazo mañá  mércores, día 27 de marzo, ás 11.30 horas. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e outros membros do goberno, acompañarán aos maiores neste percorrido.

Sociedade