Perto dun cento de rapaces e rapazas ordenses participan dende hoxe na Escola de Verán

Perto dun cento de rapaces e rapazas ordenses participan dende hoxe na Escola de Verán

01 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un ano máis o Concello de Ordes puxo en marcha unha nova edición da Escola de Verán durante as vacacións estivais. Trátase dunha iniciativa que leva a cabo a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe a concelleira Silvia Marín, e que como en anteriores ocasións, pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante os meses de verán. Unha iniciativa que o Concello leva a cabo

A través desta Escola de Verán, son preto dun cento de rapaces e rapazas ordenses os que participan nesta iniciativa e que acuden as mañás de vacacións á realización de diferentes actividades. Unhas actividades que buscan que os nenos e nenas vexan, descubran e participen do entorno no que viven durante as vacacións, mentres a súa familia traballa ou descansa. Ademais con este programa preténdese axudar aos pequenos a convivir, facer amizades, reciclar dun xeito divertido, coidar do entorno, coñecer diferentes culturas, facer deporte e tratar con igualdade e respeto a outros nenos. 

Estas actividades están dirixidas aos nenos e nenas escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio en educación Infantil ou Primaria durante o curso 2009- 2010. O programa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e está dividido en quendas de 15 días cada unha. 

A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, explicou que desta maneira o Concello pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, que se encontran cun problema para poder coidar aos seus fillos cando estes están de vacacións, ademais de facer que os pequenos disfruten con xogos e demais actividades que compartirán con outros rapaces da súa idade, contribuindo así tamén á súa socialización.

Sociedade