Perto dun milleiro de persoas participarán no acto de inauguración do paseo fluvial da Barcala (Negreira)

Perto dun milleiro de persoas participarán no acto de inauguración do paseo fluvial da Barcala (Negreira)

22 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O paseo fluvial polo río Barcala, de algo máis de dous quilómetros e medio de percorrido, que une a vila de Negreira coa área recreativa de Covas, vai ser inaugurado por todo o alto o vindeiro sábado. Trátase dunha obra moi agardada polos veciños e respectuosa coa contorna natural con dúas pasarelas de madeira para cruzar ás dúas beiras do río. A inauguración incluirá un xantar campestre e unha andaina polos case tres

O novo paseo une a zona baixa da vila de Negreira, a máis antiga e onde se atopa o Pazo de Cotón (zona que atravesa o camiño de Santiago), coa área recreativa de Covas. Constitúe un trazado ecolóxico e respectuoso coa contorna paisaxística.

Ás doce da mañá comeza a celebración cunha andaina que sairá  do campo da feira e que incluirá o descubrimento dunha placa conmemorativa na zona de Os Castros. A andaina, que rematará no refuxio de Covas, dará paso ás dúas e media da tarde a un xantar campestre aberto a toda a cidadanía de Negreira. Perto dun milleiro de persoas xa se inscribiron nesta cita. Contra a tardiña, a festa vai ser amenizada polo grupo musical Ría de Vigo. Tamén haberá xogos e inchables para os máis pequenos.

A dotación deste espazo de lecer para a camiñada de veciños e visitantes pasa por ser un trazado máis ecolóxico que a senda aberta na zona de A Restreva polo anterior gobernó nicrariense. Un roteiro que rachou co encanto natural coa colocación dun regato encaixado.

Sociedade