Pescanova quere manterse a flote

Pescanova quere manterse a flote

16 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Pescanova presentou este luns ante o Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra a solicitude de concurso voluntario de acredores, en cumprimento do acordo adoptado polo consello de administración da compañía o pasado 4 de abril, segundo informou a empresa galega nun comunicado. A compañía asegura que "ten a firme vontade de presentar no curso do procedemento unha proposta de convenio aos seus acredores que posibilite o mantemento da actividade e, xa que

A empresa galega, que emprega directamente máis de 10.000 persoas a nivel mundial e máis de 1.500 deles en Galicia, subliña que conta "con importantes fundamentos para soster a súa actividade empresarial e xeración de valor", na medida na que o negocio se sustenta sobre todos os piares precisos dende a extracción, o cultivo, a elaboración e distribución.  Pescanova SA e as súas filiais integran o primeiro grupo pesqueiro a nivel europeo e atópanse entre os dez maiores grupos do sector a nivel mundial. En relación aos seus principais activos, destaca a súa flota de máis de 90 barcos, o valor das súas licenzas de pesca, e máis de 50 instalacións de acuicultura, entre outras. A empresa galega presenta unha débeda de 3.100 millóns de euros, o duplo do que se estimaba inicialmente.

O presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, vendeu, con "importantes perdas", ao longo dos meses de decembro, xaneiro e febreiro case a metade da súa participación no grupo "para achegar liquidez" á compañía, segundo informou a empresa de conxelados nun comunicado. En concreto, despachou títulos representativos dun 6,9% do capital, co que a participación de Fernández de Sousa se sitúa no 7,45% de Pescanova e segue sendo o maior accionista. Con todo, vai ser investigado por se se beneficiou de información privilexiada para obter uns 30 millóns de euros sabedor de que ía presentarse o preconcurso de acredores.
Tamén transcendeu que Pescanova elixiu finalmente a consultora KPMG para auditar as contas da empresa galega tras a revogación de BDO Auditores. Ademais, confirmou que demandará a BDO, firma que revisou as súas contas dende 2001, ao considerar que non realizou correctamente o seu traballo. A compañía galega contratou ao despacho de avogados Albiñana & Suárez de Lezo para que se encargue de elaborar a demanda contra a auditora.

Sociedade