ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha terríbel peste asolou a comarca de Ferrol en 1404. Os frades de Montefaro tiveron que administrar os sacramentos nas parroquias viciñas por morte dos seus sacerdotes. Para implorar a súa desaparición peregrinou a cidadanía da comarca á ermida de Chanteiro o luns de Pentecostés.
Levaban á ermida da Mercé duas mancheas de mistos para alumear a ermida durante a misa e logo mediron con eles o perímetro da igrexa. Unha vez pesados resultaron seis libras. Acordaron visitar a ermida anualmente e levarlle seis libras de cera para a misa e unha flor natural. O mal desapareceu axiña. A flor ou o voto de Chanteiro continuou facendose durante máis de catrocentos anos de xeito solemmne. Partíase de Ferrol cunha comitiva encabezada polo procurador, seguido do clero, os franciscanos, e ao principio, unha persoa de cada unha das familias da cidade. Chegábase por mar ao porto de Mugardos e en Chanteiro recibianos as autoridades de Ares. En 1839 o voto de Ferrol conmutase. A procesión xa non se fai á ermida de Chanteiro senón á igrexa parroquial de Ferrol Vello. Mugardos e Ares continuan coa romería de Chanteiro. En 2019 celebrouse o 11 de xuño, martes de Pentecostés. Este ano suspendeuse pola declaración do estado de alarma.
Publica o teu comentario agora