A PGA rexeita a sementeira de millo transxénico prevista para o Concello de Vilalba

A PGA rexeita a sementeira de millo transxénico prevista para o Concello de Vilalba

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Plataforma Galega Antitranxénicos (PGA) rexeitou as concesións do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARMA) para a sementeira de millo transxénico no http://www.vilalba.org/web//%22" target="\"_se

Esta acción se desenvolveu vía internet, mediante o envío dos requirimentos ao enderezo electrónico proposto polo MARMA, así coma os presentados por colectivos membros a título individual ( Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, ADEGA) que foron rexistrados tamén nas oficinas da Subdelegación do Goberno en Galicia.

A Plataforma Galega Antitranxénicos estase asesorando xuridicamente sobre do verdadeiro valor que o MARMA concede a estes “comentarios ”, e denunciou “a marxinación á que se atopa sometida a sociedade civil ao respecto deste tipo de decisións, levadas a cabo de xeito unilateral por gobernos e empresas, na procura dunha transformación dos procesos de produción alimentar baseada na privatización total dos mesmos”.

As empresas transnacionais da alimentación que se benefician da concesión para sementar en Galicia organismos modificados xenéticamente (OMX ´s) para a súa comercialización son, segundo a PGA, Monsanto,Pioneer e Procase

Sociedade