Picoteando na noite de San Xoán pola ría de Ferrol

Picoteando na noite de San Xoán pola ría de Ferrol

23 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de ferrol encenderá ás 11 da noite a fogueira máis antiga  de Ferrol, a de Batallóns no barrio de Esteiro. A concelleira de Festas, Susana Mnez encargaráse de ler o pregón ás 21.30 horas. Dende hai anos a fogueira catalogóuse como a institucional de Ferrol, daí que os ultimos alcaldes da cidade sexan os encargados de prendela, segundo o presidente da AVV de Esteiro, Miguel López.

A madeira, procedente de Bazán, xa está apilada e preparada para arder esta noite. A fogueira acada un radio de 10 metros por 4 de altura e 25 TM de leña. Unhas 30 persoas do barrio encárganse de ter todo listo esta tarde, mesas e carpa e todo, porque dende as 8 empezan a asarse as sardiñas. 1500 racións procedentes de Cedeira e Cariño ao prezo de 1€ a ración.  Esta é a mellor noite para os hosteleiros do barrio, segundo Miguel Pérez, quen nos convida a participar ao longo do día nas visitas a Fontelonga e  ao Cuartel de Dolores. A pirotecnia e a música de berros do Castro e parte do grupo Los Zares completan a noite de San Xoán en Esteiro.  

A Asociación Veciñal de Caranza organiza tamén para esta tarde a tradicional  sardiñada. As sardiñas repartiránse dende as nove da noite nas inmediacións do Centro Cívico. Os socios poderán consumir o peixe de xeito gratuito, previa presentación do recibo deste ano. Os visitantes deberán abonar 3 euros. Contémplase a actuación do trío Boreal.

Tamén en San Xoan de Filgueira en Ferrol e San Xoan de Piñeiro en Mugardos comezan nesta xornada as súas festas patronais. O grupo Aroma amenizará a partir das once desta noite a verbena en San Xoan de Esmelle en Ferrol. As doce da noite anuncian que prenderán a lumeirada.
Os integrantes do movemento 15 M  convocan a unha fogueira reivindicativa de San Xoan no barrio de Canido esta noite.

En Fene, o Pote de Maniños celebra esta noite a tradicional sardiñada de San Xoan. Dende as 9 da noite repartiránse no campo da festa as sardiñas con pan de trigo e millo, cachelos e bola. Os prezos erán populares, segundo o presidente do Pote, Gerardo Pérez Sas. Durante a sardiñada actuará en directo Joselo.
A praia de San Valentín de Fene convírtese tamén hoxe en lugar de cita para moitos veciños-as que pasan a noite de San Xoán alí a carón do lume de ducias de fogueiras que encenden os nenos e os mozos e mozas. Dende hai anos o paseo marítimo convírtese nunha especie de "Riazor".

Sociedade