Piden á fiscalía que actúe contra as subvencións ao ensino privado

Piden á fiscalía que actúe contra as subvencións ao ensino privado

24 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Alternativa Galega de Esquerda acusa á Xunta de "incumprir" o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o concerto con colexios que segregan por sexos, e pídelle á Fiscalía que "actúe". Nunha reunión co fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, os deputados Ramón Vázquez e Xavier Ron fixéronlle entrega dun dossier co que, para AGE, supón "o incumprimento" por parte da Xunta da se

"Manteñenno, excepto nos primeiros cursos", dixo, ao termo deste encontro, Ramón Vázquez, para quen, con iso, cométese unha "dobre ilegalidade". Para AGE, con esta actuación o PP busca "gañar tempo" de cara á aplicación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) "e ter cobertura legal" para continuar coas subvencións ao ensino privado, mentres se incrementan os recortes na educación pública.

 
Os 5 colexios privados que practican a "educación diferenciada" reciben anualmente arredor de 200 millóns de euros, segundo os sindicatos do ensino. Un deles é o Colexio Peñarredonda, na Coruña. Todas as instalacións do Colexio Peñarredonda están ao servizo da educación dos alumnos, segundo sinalan na súa páxina web. Ademais dos máis de 20.000 metros cadrados de zonas verdes e de deportes, o Colexio conta con abundantes laboratorios, aula de informática, talleres especializados, etc. con conexión a internet e ordenador en toda as aulas de Primaria e rede wifi no pabellón de Secundaria e zonas comúns, nun proceso de continua renovación e adaptación ás últimas innovacións.

 

Sociedade