Piden a palabra os colectivos afectados polas obras da estrada PO-308

Piden a palabra os colectivos afectados polas obras da estrada PO-308

18 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal vén de rexistrar unha pregunta oral en Pleno na que pregunta polos afectados da estrada PO-308 ao seu paso polo Concello de Sanxenxo. Lembra, na iniciativa rexistrada, que o proxecto de construcción de mellora da seguridade viaria na estrada PO-308 en concreto o treito Portonovo-A Lanzada no Concello de Sanxenxo esta sendo cuestionado por distintos colectivos veciñais afectados.

O portavoz socialista sinala que ninguén pon en cuestión a necesidade de proceder á mellora desta estrada dende o punto de vista da mobilidade e da seguridade viaria, as dubidas ou as discrepancias xorden á hora de interpretar o proxecto. 

Advirte que moitos colectivos sociais e veciñais que se vén afectados por esta situación só demandan que se escoite as súas formulacións e se teñan en conta as súas pretensións; conciliar a mobilidade, a seguridade viaria e a comodidade dos centos de usuarios deste vial. 

Ante esta falta de dialogo quere saber si o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras vai escoitar as inquedanzas dos distintos colectivos afectados polas obras que pretende acometer nesta estrada.

Institucional