Piden a retirada dos bituminosos depositados en Vilar do Colo

Piden a retirada dos bituminosos depositados en Vilar do Colo

31 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Plataforma de afectados polo polígono de Vilar do Colo pedirá á Fiscalía de Medio Ambiente que ordene a retirada dos bituminosos depositados entre os Concellos de Fene e Cabanas, segundo se deu a coñecer esta mañá na asamblea de Aetna. A entidade presentou tamén a súa páxina web.

Na asamblea informouse que a raíz das denuncias de Aetna cesara o depósito dos materiais procedentes de Holanda, pero esta semana -os dias 28 e 29- os camións volveron realizar aportes, a pesar do expediente aberto por Augas de Galicia.

 

A asamblea da Asociación Etnográfica e da Natureza Amig@s do Rio Baa, reelexiu como presidente a Juan José Cabana Rey, a quen acompañan na directiva Miguel Quintía, Daniel Vila, María José Garcia Ponte, Carmen Feal, Hortensia Seoane, Mariela Aguilar e José Feal.

Aetna reiterou a súa oposición a novas ampliacións do polígono industrial de Vilar do Colo e insistiu na súa petición de inscrición da entidade no Rexistro de Asociacións do Concello de Fene. A asamblea plantexou como obxectivos, reclamar da Corporación o remate das obras de restauración do muiño e o acondicionamento do seu entorno. Continuarán asimesmo o labor de vixiancia dos verquidos ao río. 

Sociedade