Pilar García Negro: “A efervescencia do tecido cultural contrasta co mutismo das institucións”

Pilar García Negro: “A efervescencia do tecido cultural contrasta co mutismo das institucións”

25 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Conmemorar o 125 aniversario do nacemento de Castelao en 2011 será o primeiro obxectivo da Federación Galiza Cultura que veñen de constituír máis de 40 asociacións culturais galegas co propósito de combater a atomización destes colectivos e conseguir un maior impacto das súas actividades. A presidenta da Federación é a catedrática Pilar García Negro, quen en declaracións a Radiofu

García Negro contrapón esa actividade do tecido asociativo fronte a falla de compromiso das institucións públicas. Un exemplo, apunta, viviuse na conmemoración do recente cabodano do pasamento de Rosalía de Castro, “a fundadora da literatura galega”, ao que se sumaron un cento de colectivos malia a falla de apoio da Administración.

A profesora coida que hai un “horizonte esperanzador” para a cultura de Galicia, quen non ten que ser necesariamente “ecuacionable” coa industria cultural de longo alcance. Así a Federación Galiza Cultura pretende, entre outras accións, divulgar o patrimonio de noso, potenciar unha perspectiva feminina no eido cultural e servir de plataforma de promoción á nova creatividade.

Cultura