Pili Pampín e Serrat en Máis memoria

Pili Pampín e Serrat en Máis memoria
27 de Abril, 2020 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

Nova entrega do obradoiro municipal Máis Memoria que coordinan os Servizos Sociais de Fene. Cancións, preguntas, retos. A todo iso responden os participantes do obradoiro desde o seu confinamento.

ESCOITA O PODCAST:

Novo episodio de Máis Memoria, o obradoiro municipal de Fene que durante o confinamento se realiza a través da radio e da web municipais. A coordinadora e pedagoga, Mª Xosé Paz, xunto co monitor, Fernando Bermúdez, dirixen este espazo que hoxe contou con dúas cancións que debía adiviñar Pilar Freijomil Pérez, veciña de San Valentín, e coas preguntas sobre Fene que adiviñou Fina Barcia. As dúas levaron matrícula de honor nestes exercicios de memoria. E de paso contéronnos cousas. Pilar continúa fabricando máscaras que despois cede ao concello e Fina prepara na casa o seu papel como membro que é do grupo teatral de Sillobre que dirixe Andrés Picallo.  A obra debía estrearse polas Letras Galegas pero vai ser que será un pouco máis tarde.

O reto lanzado para os participantes de Máis Memoria para esta semana é traballar a creatividade. Fernando lanzou este reto: pedirlle a algúen que nos facilite unha receita de cociña que nunca prepararamos antes e animarse a facela. O próximo mércores ás 12 da mañá volveremos co outro obradoiro “Recordando o noso” que este curso versa sobre a evolución dos medidos de transporte a través das experiencias que contan os seus participantes. O mércores teremos nova convidada e novas historias. O teléfono dos Servizos Sociais de Fene é o 981 492706.

 

(Na imaxe, a pedagoga municipal de fene, Mª Xosé Paz)

Sociedade

Publica o teu comentario agora