Piloto automático activado

Piloto automático activado
18 de Febreiro, 2019 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío segue co piloto automático activado. Non foi inoperante na xestión da pelota e logrou unha nova vitoria. Moeche 2 -3 Perlío. Con goles de Diego Muiños e Isma Grandal (2). Os centrais Fran e especialmente Gabeiras fixeron un gran partido, indica o adestrador Chechu Piñeiro.

ESCOITA O PODCAST:
Moeche 2 -3 Perlío. Segunda Galicia de fútbol

“A última bala do Meirás será nos Pinares, porque agora lle levamos dez puntos e se gañamos lle sacaríamos 13 quedando practicamente descolgado da loita polos primeiros postos” manifesta Piñeiro. Perlío – Meirás, será o partido da seguinte xornada da Segunda Galicia de fútbol.

Deportes

Publica o teu comentario agora