A pintora fenesa, María Dolores Fernández, gañadora do Manuel Rebón

A pintora fenesa, María Dolores Fernández, gañadora do Manuel Rebón

14 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

María Dolores Fernández González, veciña de Barallobre, resultou gañadora da terceira edición do concurso de pintura “ Manuel Rebón”. Un certame organizado polo Concello de Ares en colaboración co CIRS de Cervás. Coa obra “Cebolas”, a pintora fenesa alzóuse  cos mil euros de premio do concurso.

Gerardo Vilar Deus, con “Praia de Area Marta”, obtivo o segundo premio, de 350 euros. Os dous accésit foron para Josefina Vales Álvarez, coa obra “Mañanciña na montaña”, e Luis Maceiras Crespo, con “Lagoa”.  Estes cadros, xunto co resto de obras que resultaron finalistas, integrarán unha exposición  no local do CIRS de Cervás. Permanecerá aberta ao público ata o día 28 deste mes. O horario de visita é  de 11 da mañá a dúas da tarde e de sete do serán ata as dez da noite , de luns a domingo. O día 29, data da clausura da mostra, entregaránse os diferentes premios, no marco dun acto que terá lugar na Alianza Aresana.

O tema das obras foi libre, sendo as técnicas permitidas a do óleo e de acrílicos. Os traballos premiados,  quedarán en poder do Concello de Ares, pasando a formar parte do seu patrimonio cultural.

Cultura