A pintora vilalbesa María Dolores Leal expoñerá en Nova York e Oporto

A pintora vilalbesa María Dolores Leal expoñerá en Nova York e Oporto

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A solidariedade, o compromiso social, a denuncia e a arte forman parte do proxecto Room Project in Memoriam no que está inmersa a pintora vilalbesa María Dolores Leal. Esta artista chairega expoñerá, xunto con outros artistas internacionais, parte da súa obra en 3 exposicións simultáneas en Oporto, na Galería Geraldes da Silva; en Nova York, na Pool Art Fair; e en Plasencia, no centro cultural La

O Proxecto Room Project in Memoriam é unha iniciativa de Joaquín Balsa e Artistas pola Paz para recordar á activista norteamericana de 23 anos Rachel Corrie, que foi asasinada por unha escavadora israelí cando defendía os dereitos do pobo palestino. Estas tres exposicións faranse durante este mes de marzo para adoptar un compromiso e unha reflexión sobre as persoas “que loitan, de forma altruísta, por un mundo mellor”.

A pintora chairega participará, asimesmo, neste mesmo mes en varios certames colectivos en Italia, concretamente na cidade de Bari, na galería DEr Garten, e en Forli, na Vernice Art fair.

A obra de María Dolores Leal se caracteriza polo uso da cor e da abstracción para aportar viveza aos sentimentos nos que plasma o seu mundo interior. Algúns dos seus traballos dedicounos aos problemas sociais, como á marxinación humana. Leal comezou a súa andaina na Casa da Cultura de Vilalba en 2004, o que supuxo a súa primeira exposición. En 2007 participou na Feira de Arte Independente de Madrid (FAIM), mentres que 2008 foi o ano mais prolífico, xa que acudiu a Monzón (Huesca), á Feira de Arte Kunstmesse en Salburg (Austria), á Colectiva “Les pintres amateurs” en Muret (Francia), á Galería Geraldes da Silva en Oporto ou realizou a súa mostra individual na sala ARGA en Compostela.

Sociedade