A pintura de Víctor Novás en Caranza

A pintura de Víctor Novás en Caranza

25 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol inaugura mañá, xoves, no Centro Cívico de Caranza unha exposición de pintura do artista Víctor G. Novás, que se poderá visitar ata o vindeiro 11 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a venres -os sábados estará aberta de 11.00 a 13.00 horas-. O acto de apertura da exposición, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Asociac

Un total de 22 cadros, todos eles óleos e acrílicos, integran esta nova exposición, que inclúe así mesmo 19 poemas breves que van acompañados por dous textos escritos por Juan C. Valle “Karlotti”. Algúns dos títulos das obras que amosará o artista ao longo dos vindeiros días son “Zona cero”, “Camelle”, “Edades”. “El domador de medusas”, “Maternidad infantil” ou “Tierra de nadie”, entre outros.

Cultura