Pioneiros do bookcrossing e da promoción da leitura

Pioneiros do bookcrossing e da promoción da leitura

28 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O estadounidense Ron Hornbaker puxo en funcionamento o “bookcrossing”, un sistema  de liberación de libros para que viaxen de leitor en leitor. O obxectivo é facer do mundo unha gran libraria. En Barallobre (Fene A Coruña) foron pioneiros desta iniciativa, xa que en 1934 inauguraron o Monumento ao Camiñante Descoñecido, e no propio Monumento se colocou unha biblioteca, un lugar onde se deixan libros para que o viaxeiro os lea e os volva depositar no

Para a bibliotecaria de Fene Sonia Iglesias, calquera método que sirva para promocionar a leitura "é maravilloso porque o máis importante é o contacto cos libros, sexan prestados nunha biblioteca, mercados nunha libraría ou recollidos nalgún parque".

O desexo de promocionar a leitura empuxou a Hornbaker a pór en funcionamento a web Bookcrossing no ano 2001. Un sitio en Internet desde o que promover que os libros "viaxen" de lector en lector no canto de deixalos durmir nos andeis. Para logralo, o Bookcrossing (tamén coñecido como BC) proponnos abandonar libros en lugares públicos para que calquera descoñecido poida levalo, e unha vez lido, "liberalo" para que algún novo lector poida gozalo. Rexistrando os libros na web, obteremos un número de identificación que podemos incluír na cuberta cunha nota que o que a atope entre a a web para deixar constancia deles e pedirlle que despois volva liberalo.

O valor da profe

No contexto tecnolóxico do mundo actual continua a ser necesaria a promoción da leitura. Traballar a tradición literaria, as obras clásicas ou os textos fundacionais das nosas culturas. Esa é a proposta da profesora da Universitat de Valencia Gemma Lluch, que relativiza o efecto da literatura xuvenil como pasarela para a educación literaria. Bragado coincide coa filóloga e indica que a clave pedagóxica “está no traballo de aula que desenvolvan os profesores”. Leituras de caracter paraliterario poden ser formativas e de conquista nese proceso permanente de seducción. Trátase de que cada leitor ou leitora vaia formando o seu criterio”.  A escolla coidadosa de boas leituras, é especialmente delicada para os leitores e leitoras en formación, segundo o director de Xerais.

Neses mesmos criterios coincide Antonio Fraga, autor de “O castañeiro de abril”, obra gañadora do Premio Merlín de literatura xuvenil. Para Fraga, a xuventude reacciona moi ben a calquera ingrediente co que se adubie a literatura. Hai que presentar leituras atractivas, segundo o escritor de Pontedeume. Antonio Fraga reivindica a calidade e variedade da literatura galega en xeral, e da xuvenil en particular. Debemos rachar barreiras mentais para achegarnos a ela, indica o autor de “O castañeiro de abril”.

Sociedade