A piscina climatiza de A Pastoriza estará lista para comezos do 2011

A piscina climatiza de A Pastoriza estará lista para comezos do 2011

23 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A piscina cuberta de A Pastoriza estará lista para comezos do 2011 e dará servizo a concellos limítrofes como Castro de Rei, Pontenova, Meira ou Cospeito, segundo anunciou o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo e responsable da súa área de Cultura e Deportes, o nacionalista Antón Bao. O mandatario provincial revisou o estado actual das obras desta infraestrutura, que se atopa na súa fase de desterre, acompañado polo alcalde d

O propio Bao admitiu que as obras da piscina “van a un ritmo aceptable” o que permitiría cumprir os prazos que falan dunha “instalación aberta ao uso a comezos do vindeiro ano”.

O vicepresidente provincial aproveitou o momento para reclamar unha “comarcalización dos servizos” para poder aproveitar ao máximo as infraestruturas como esta de A Pastoriza e que existen tamén noutras vilas lucenses
 
“O que queremos por enriba da mesa é que instalacións deste tipo, que van dar un importante servizo aos veciños da Pastoriza, debe estenderse aos concellos limítrofes para que poidan compartilo”, estableceu Bao, que engadiu que “debemos mancomunar eses servizos para aproveitalos, para optimizar instalacións coma esta e que poida ser utilizada polos veciños que rodean esta área. Tamén sería importante para poder compartir os gastos entre os concellos para o mantemento de instalacións deste tipo. A situación dos Concellos da provincia de Lugo é negativa e na actual situación económica seguirase avanzando nese camiño. O futuro, polo tanto, pasa por comarcalizar eses servizos por compartir servizos e afrontar unidos, entre todos, os custes deses servizos. Hai que fuxir de localismos e cores políticas, sobre todo se os concellos queren ter maior sustentabilidade e continuar prestando servizos de calidade aos veciños deses concellos e ás súas comarcas”.

A infraestrutura pastoricense contará ademais con ximnasio, cafetería e spa
A Pastoriza contará cunha piscina municipal cuberta e climatizada. O proxecto, aprobado pola Deputación, contará cun orzamento de 1,642. 429 euros que correrá, na súa totalidade, a cargo deste organismo provincial. O Concello chairego aportará os terreos, que estarán situados xunto ao cuartel municipal, no acceso ao centro urbano desde a LU-122.
Esta nova instalación albergará, ademais, unha cafetería–restaurante, un ximnasio e un spa. O modelo de xestión aínda está por considerar, tal e como indicaron o edil pastoricense, Primitivo Iglesias e a primeira tenente de alcalde, Elva Carreira, xa que non se decidiu si se ofrecerá unha concesión a unha empresa externa ou si o será o concello o que se faga cargo do mesmo.
A piscina será climatizada e contará cun teito acristalado e retráctil, co que facilitará que se poida descubrir no verán, sempre e cando haxa boas condicións meteorolóxicas para facelo. A propia Carreira indicou que se empregarán placas solares como parte da enerxía empregada para o seu funcionamento. Os terreos onde se construirá son públicos e municipais, xa que foron cedidos pola comunidade de montes ao Concello, e se atopan enfronte ao Cuartel da Garda Civil.

Sociedade