A piscina, para o almirante

A piscina, para o almirante

25 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Débese desaloxar a piscina para os mandos militares. O xefe das Instalacións Deportivas ven de publicar un aviso na piscina de Batallons en Ferrol, comunicando aos usuarios da instalación que “a calle 1 quedará reservada en todo momento, aos almirantes, capitáns de navío e coroneis”. A nota indica que no caso de non estar a utilizar a zona ningún dos mencionados, poderá ser usada polos demais bañistas que a deixarán libre ao s

A utilización da piscina de Batallóns en Ferrol provoca unha interpelación do deputado do BNG Francisco Jorquera. O parlamentario nacionalista indica que “cando acude algún mando militar a nadar, se obriga aos usuarios a deixar libre a “calle 1” da piscina, expulsando a quen poida estar nadando nesa zona da piscina”. Jorquera define esta norma como “abusos autoritarios propios de tempos pretéritos. Pregúntalle ao Goberno se coñece este tipo de comportamentos. Para o deputado do Bloque o “esforzo por democratizar as Forzas Armadas debe chegar ao punto de eliminar este tipo de comportamentos”.

 

A Armada posúe en Ferrol (A Coruña) unha piscina climatizada cuberta no Pavillón polideportivo de Batallóns. Foi construida no 1977 e está aberta a todo tipo de usuarios, non só militares, co fin de promover o deporte da natación. 

Sociedade