A Planta de Clesa en Caldas de Reis a debate no Parlamento

A Planta de Clesa en Caldas de Reis a debate no Parlamento

11 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Sonia Verdes, vén de propoñer a constitución o próximo luns dunha Comisión de Traballo no Parlamento con presenza dos tres grupos parlamentarios para demandar da Xunta que garanta a actividade da planta de Clesa en Caldas de Reis. Así o explicou a responsable socialista logo dunha xuntanza de traballo co Comité de Empresa da factoría na que participaron o presidente do Grupo P

O Grupo Socialista reclamou o compromiso do PP e da Xunta de Galicia para “potenciar o noso leite” e garantir un “proxecto cen por cen galego como a mellor maneira de apostar polo sector” e pola industria galega. Instou ao Goberno galego a que “aposte decididamente polo sector lácteo galego e adopte medidas que garantan a actividade desta factoría”. 

Sinalou que por mor dos problemas financeiros do Grupo Nova Rumasa, actualmente “160 postos de traballo están en risco, ao igual que 6 empresas de primeiros compradores, sociedades e cooperativas, que abastecen de materia prima á factoría, así como mais de 500 gandeiros aos que se lles adebedan arredor de 3,7  millóns de euros, que supoñen entre 6.000 e 10.000 euros por explotación”. 

Dixo que esta situación “compromete a continuidade da actividade na planta, que a día de hoxe está desabastecida e practicamente paralizada, debido a que os arredor de 500 gandeiros que a abastecen preferiron desvincularse de Nova Rumasa, o que leva á planta a buscar novos compradores”. 

Lamentou que esta situación “contribúe a desestabilizar aínda mais o mercado e o prezo do leite”, e instou ao Goberno galego a retomar o proxecto que o conxunto de cooperativas galegas defendía para  a planta de Pascual, si se dan as condicións para a venda da factoría de Clesa en Caldas.  

“Non podemos permitirnos un novo fracaso nin perder esta  nova oportunidade”, apuntou Verdes, “e ten que ser o Goberno galego quen lidere esa aposta, a fin de garantir a actividade na planta e implicarse activamente co apoio e a participación política e económica. Reclamou “un proxecto galego en base á integración, o dimensionamento e a diversificación da produción de produtos de maior valor engadido que permite a planta de Clesa”. 

A condición, dixo, é que estea “xestionado polo conxunto de cooperativas galegas que senten as bases do grupo lácteo, mantendo os postos de traballo e garantindo a viabilidade da planta e do sector”.

Institucional