Plantar sen arar ou as patacas ao lacazán

Plantar sen arar ou as patacas ao lacazán

15 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"É posible plantar sen arar" afirma o monitor de horta Fernando Pubul. Plantar as patacas "ao lacazán" sen traballar a terra, pode ser unha consecuencia cunha concepción ecolóxica da agricultura.

O curso de Horticultura ou de Horta tradicional que se imparte todos os sábados nas instalacións do colexio Centieiras de Perlío, con 22 alumnos e alumnas, persoas adultas que na sua maioría dispoñen dunha hortiña á que queren sacar partido. No curso reciben unha formación para iniciarse nese mundo da horta e dun xeito ecolóxico. O monitor, manifestaba esta mañá que son moitas as razóns polas que estamos volvendo a reencontrarnos coa natureza que tiñamos abandonada. A volta á horta tradicional é hoxe un feito incontestable para Fernando Pubul.

 
O monitor de Horticultura defende o cultivo tradicional, ecolóxico, o que se facía antes dos anos 50 cando apareceron os pesticidas e abonos químicos. Dispor dun anaco de terra, dun xardín ou unicamente dun balcón ou dunha terraza, é suficiente para cultivar os nosos propios produtos, máis naturais e económicos, defende Pubul, quen pretende que os alumnos e alumnas de Fene, os 22 que asisten ás suas clases, acaben o curso con moitas dúbidas, pero sen medo a enganarse. A parte teórica do curso desenvolvese no colexio Centieiras, mentras que as prácticas fánse visitando e planificando as hortas do propio alumnado.

Sociedade