A plataforma reitera o seu rexeitamento á autovía por Redondela

A plataforma reitera o seu rexeitamento á autovía por Redondela

19 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Non están dispostos a desbotar a alternativa 5 en favor da 11 o que sería trasladar o problema da parroquia do Viso á de Vilar. A plataforma contra a autovía aplaude a decisión da Xunta de solicitar a Fomento que se anule o trazado de conexión da A-57 con Peinador a través da alternativa 5. Con todo o colectivo veciñal reitera que a súa postura é de oposición á calquera dos trazados propostos inicialmente, polo que non compa

Reclaman que se debata novamente o tema das infraestructuras e a súa ordenación na zona e que se teñan en conta as demandas da cidadanía e se plantexen melloras nas vías xa existentes o que suporía un menor impacto económico e ecolóxico.

Romaría

O colectivo está a traballar xa nunha “Romaría reivindicativa” que se vai celebrar no vindeiro día 27 e na que haberá música, xogos, comida e postos informativos de varios colectivos ambientalistas e sociais de diferentes ámbitos.

Sociedade