Plena satisfacción tras a Fashion Night

Milleiros de persoas de dentro e de fora do concello acudiron á cita o sabado.
17 de Xuño, 2019 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

O balance económico da Fashion Night de Fene descoñécese pero o balance de concurrencia de público pode calificarse cun 10. Moita xente de fora da localidade acudiu á cita deste ano, a máis numerosa de cantas se levan feito.

ESCOITA O PODCAST:

Éxito rotundo na Fashion Night de Fene que baixo o lema “Festa en branco” se celebrou o pasado sábado 15. Houbo desfiles, música, sorteos, degustacións, descontos e promocións nos establecimentos participantes. As rúas e prazas de Fene mantiveronse ocupadas ata ben pasada a medianoite.

Juan Ramos, presidente da Asociación de comerciantes e hosteleiros de Fene "O Cruceiro", declarou que é imposible calcular canta xente ocupou as ruas, prazas e terrazas de Fene o pasado sábado pero si saben que, ademais da veciñanza, a cita foi moi atractiva para xentes de toda a comarca. Gañou así o comercio e a hostelería de Fene como ningún outro dia do ano.

En palabras de Juan Ramos, habería que prantexarse celebrar máis dunha Fashion Night ao ano en Fene. O baile, desfiles e performance sumaron vistosidade á Fashion Night e sorprenderon ao público. O máis acalamado foi quizás o último pasarrúas da noite.

Sociedade

Publica o teu comentario agora