Pleno de victorias

Pleno de victorias
22 de Outubro, 2018 - 12:32 h. | Publicada por Radio Fene

Perlio 6 - 2 Maniños B. Pleno de victorias do Perlío, que se afianza no liderato da Segunda Galicia de fútbol. “Os do Maniños son rapaces novos, puxéronlle moitas gañas e nos fixeron sofrir na primeira parte” afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro.
“O Perlío ten xogadores arriba de moita calidade,do mellor da categoría” manifesta o técnico do Maniños Manuel Freire.

 

ESCOITA O PODCAST:
Perlío 6 - 2 Maniños B

O contundente resultado final (6-2) enmascara un partido igualado na primeira metade. O Perlío recuperou a Dani Varela que fixo un "hat trick".

Deportes

Publica o teu comentario agora