Poñer ao día o Plan de Urbanismo

Poñer ao día o Plan de Urbanismo
24 de Xaneiro, 2024 - 05:38 h. | Publicada por Radio Fene

“Prioridade para este mandato, por suposto”. A revisión do Plan Xeral de Urbanismo foi o tema dunha xuntanza celebrada polo Goberno local e os grupos políticos do Concello de Fene coa agrupación veciñal de urbanismo. O alcalde, Juventino Trigo, destaca “o consenso xeneralizado de que é urxente facer esa revisión”.

 

ESCOITA O PODCAST:

“É imprescindible para Fene dotarnos dun plan actualizado que resolva os problemas que un Plan de vinte anos xera”. Logo de sacar adiante unha importante modificación puntual, “agora imos a pola revisión total”. Na xuntanza celebrada o martes pola tarde informouse á representación veciñal da situación, quedaron en facilitarlles documentación e volverán reunirse dentro de tres meses. 

O alcalde de Fene tamén está pendente das xestións da Deputación provincial da Coruña, na que o Concello de Fene ten delegada a xestións dos seus tributos, respecto da liquidación do IBI a Audasa ao acabar este ano o prazo dunha bonificación do 95% do imposto municipal do que se beneficiaba a concesionaria da AP-9.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora