Poñer a guinda no Pote

Cebarca 0- Maniños 4 no penúltimo encontro de liga
26 de Marzo, 2019 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños foi a máis esta tempada e despois dun inicio frouxo e irregular foi medrando ata estar na segundas clasificadas.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños ven de colleitar unha ampla victoria fronte ao Cebarca. Cebarca 0- Maniños 4 rezaba no marcador ao final dun encontro que o Maniños tivo controlado a pesar do terreo de xogo natural e de grandes dimensións ao que non están afeitas. As xogadoras fenesas marcaron o ritmo e defenderon tamén moi ben. A volta de Cris dalles tranquilidade, en palabras do técnico Carlos Gómez. Nos últimos minutos foi expulsada Laura Montero.

Fin de Liga

O Cultural Maniños ten a súa última cita de liga co Cariño no campo do Pote este domingo 31 de marzo ás 12h. A segunda posición é o seu obxectivo, unha vez que o Amistade de Meirás (47) está terceiro a dous puntos do equipo fenés. A afección terá a posibilidade de vivir o final da liga na casa.

Deportes

Publica o teu comentario agora