A pobreza e a exclusión social no punto de mira dos obxectivos fotográficos

A pobreza e a exclusión social no punto de mira dos obxectivos fotográficos

17 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, inaugurará o vindeiro luns dia 21 de febreiro a exposición “Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social” que se poderá visitar no vestíbulo do Pazo da Cultura ata o vindeiro 13 de marzo. Trátase dunha mostra fotográfica formada por fotografías e textos de 29 fotógrafos/as profesionais e afeccionados, entre as que están os mellores traballos do I Concurso de

Con anterioridade, esta exposición foi presentada e exposta no Parlamento de Galicia co gallo da celebración do Día Mundial contra a Pobreza. A súa temática busca facer visibles situacións de exclusión social ao conxunto da sociedade, involucrando ós fotógrafos/as en realidades que na maior parte dos casos até agora eran alleas, e sobre todo pretende pór a disposición das persoas en risco de exclusión social un vehículo de expresión propio. Todo elo co obxectivo final de situar ás persoas con maiores dificultades no primeiro plano da axenda política. 

A Rede Galega contra a Pobreza está integrada por 15 entidades sociais de Galicia, entre as que destaca Teima Down Ferrol, quen asumiu especialmente a organización desta exposición, xunto a outras entidades que tamén son membros da rede coma Afaes Portanova, COGAMI, Cruz Vermella ou Secretariado Xitano. 

Na inauguración da exposición participarán representantes desta entidades, o presidente de EAPN Galicia, Santiago González Avión, e o comisario da Exposición e vicepresidente de EAPN Galicia, Carlos Rosón.

Cultura