Poemas de amor atravesados de humor

Poemas de amor atravesados de humor

06 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Eduard Velasco, gañador do Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé, acudirá o sabado 15 de novembro a recoller o premio a Fene, "se nonpechan as fronteiras en Cataluña" bromeaba esta mañá dende o Pirineo catalán. O xurado da XXVII edición do Premio de Poesía Pérez Parallé, escolleu como gañadora deste ano a obra "Ruído de trens", presentada baixo o pseud&oa

Eduard Velasco está encantado co premio porque, xunto ao Leiras Pulpeiro que recibiu o mes pasado en Mondoñedo, estánlle dando a seguridade que precisaba para confiar na súa escrita. Falamos con Eduard Velasco que esta mañá se atopaba en Cataluña, por iso aproveitamos para preguntarlle polo ambiente que se respira en vísperas da consulta. A resposta foi:" tranquilidade e decisión".

A entrega do premio producirase o sábado 15 de novembro nun acto que terá lugar ás 20 horas na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade, en Fene. Velasco acudirá a Fene para recoller o premio, esperando que non “pechen as fronteiras entre Cataluña e o resto da península” bromeaba esta mañá.

Sociedade