Poesía Alimentaria en Vigo

Poesía Alimentaria en Vigo

09 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Conscientes de que a letra entra mellor con tortilla e pan, organizan para este sábado día 10 de xullo un peculiar recital de poesía baixo o título Poesía Alimentaria. As escritoras Lucía Aldao, e María Lado conducirán un acto no que haberá poesía, performance, a desquiciada música improvisada de Mig Seoane e a inter...vención da pintora María

Entre os poetas recitarán tamén a viguesa Ledicia Costas, Daniel Landesa, Laura Sáez, David Rodríguez, Lara do Ar e Miguel Valverde. Por suposto, e facendo honor ao seu título, haberá pinchos de balde para axudar a dixerir os versos. Todo ás 21:30 na Galería Jazz. Ronda de don Bosco n. º 21 en Vigo.

Cultura