Poio convoca o XXVIII premio de novela longa Blanco Amor

Poio convoca o XXVIII premio de novela longa Blanco Amor

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Concello de Poio (Pontevedra) ven de facer públicas as bases dunha nova edición do premio de novela longa Blanco Amor, convocado por medio cento de municipios galegos. O galardón está dotado con 12.020 euros e o prazo de admisión de orixinais remata o 30 de decembro do 2009.

As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador, con tamaño de fonte 12. De cada obra presentaránse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á concelleira de Cultura. Concello de Poio. Praza do Mosteiro,1. 36995 Poio. As obras presentadas terán que ser inéditas. O ditame do xurado daráse a coñecer no mes de marzo do 2010.

 

 

Cultura