Polémica sentenza

Polémica sentenza
02 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

A polémica sentenza que condenou ao futbolista Dani Alves a catro anos e medio de cadea por violar unha moza será recorrida por todas as partes. A Fiscalía anunciou que presentará recurso para que se aumente a pena, igual que fará a acusación particular. A defensa, pola súa parte, interporá recurso pedindo a absolución do futbolista. Analizamos esta controvertida sentenza da Audiencia de Barcelona coa avogada María Álvarez Real.

ESCOITA O PODCAST:

“Unha suposta reparación do dano á vítima” é a clave da baixa condena ao futbolista. “O tribunal aplicou unha atenuante que se coñece como atenuante de reparación do dano porque, antes do xuízo, cando o caso estaba en fase de investigación, o futbolista consignou 150.000 euros en concepto de fianza”, detalla a letrada. Hai polémica tamén porque, entre as penas posibles, ao futbolista puxéronlle a máis baixa. Pola data na que ocorreron os feitos, aplicáronlle as penas previstas na chamada lei do “So si é si”, posteriormente modificadas á alza, que marcaba para ese tipo de delitos de 4 a 12 anos de prisión. Dentro dese posible abano, “o tribunal escolle, pero non explica por que, a pena mínima”, sinala María Álvarez Real. No xuízo, o fiscal pedira 9 anos de prisión e a acusación particular pedía 12. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora