Política social da Xunta: entre a “racionalización” e o “desmantelamento”

Política social da Xunta: entre a “racionalización” e o “desmantelamento”

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Onde uns ven “recortes” e mesmo “desmantelamento”, outros interpretan “racionalización”. Adxectivos tan diversos empregaron os voceiros parlamentarios do PPdeG, PSdeG e BNG nos micrófonos de Radiofusiòn á hora de definir a política social da Xunta. O socialista Xaquín Fernández Leiceaga e o nacionalista Carlos Aymerich acusaron ao Goberno galego de reducir as prestacións nos eidos educativo ou sanitario, ao que o pop

O portavoz parlamentario do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou que os cidadáns vense “notablemente prexudicados” polas políticas do Partido Popular en materia social. Puxo como exemplos a eliminación da gratuidade dos libros de texto, a redución de profesores, a diminución de recursos para os centros educativos ou a supresión das quendas de tarde nos quirófanos. Eivas similares sinalou o seu homólogo nacionalista, Carlos Aymerich, quen levou o seu argumento máis lonxe: “recortan en gasto público para garantir o negocio da sanidade privada ou para financiar colexios que adoutrinan aos seus alumnos”, asegurou.

Pola súa banda, o voceiro do PPdeG no Parlamento, Manuel Ruíz Rivas, defendeu que o seu partido realiza unha “política de xustiza social a través de gastar no que se debe”. Segundo as súas palabras, a Xunta inviste agora nas necesidades dos cidadáns partidas que o bipartito empregaba en promoción ou publicidade.

Sociedade