Políticos a pé polo Camiño Inglés a Compostela.

Políticos a pé polo Camiño Inglés a Compostela.

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os camiñantes que participan na Peregrinaxe institucional polo Camiño inglés partiron ás 9 desta mañán dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol e pensan rematar a primeira etapa en Pontedeume. Os alcaldes de Ferrol, Vicente Irisarri e o de Cabanas, Germán Castrillón saíron esta mañán acompañando a unha ducia de pelegríns. O de Fene sumóuse á marcha no Puntal. Non faltan os refrixerios, en Narón e

Contra as 11 xa chegaran a Narón onde os recibían outras 30 persoas. No albergue de Neda fixeron unha parada para xantar uns bocadillos. Alí agárdannos os escolares de Neda para arroupalos.  Arredor das 2 arribaron ao limite dos concellos de Neda e Fene, onde os representantes municipais deste último municipio agardábannos para acompañalos ata o límite co concello de Cabanas. No tramó fenés participou o alcalde, Iván Puentes, a edil de Cultura e Deportes, Carmen Silvar e concelleiros-as  de todolos grupos politicos.

O Consorcio do Camiño Inglés en colaboración cos 18 municipios da provincia son quen organiza dúas peregrinacións para potenciar o camiño inglés a Santiago de Compostela, neste caso con saídas dende Ferrol e A Coruña.  A ruta Ferrol- Santiago de Compostela ten 116 Km, que se camiñan  dende esta mañán ata o dia 30 de abril. A Coruña-Santiago de Compostela, de 80 km, sae o mércores 28.Nesta peregrinación, na que participan todos os Concellos por onde pasa o Camiño Inglés, os representantes municipais recibirán no límite do municipio aos peregríns e acompañaranos ata o municipio seguinte.

As duas camiñatas institucionais, Coruña e Ferrol, xuntarse en Bruma e así finalizarán o último tramo todos xuntos. Xa o venres día 30, ás 12:00 da mañá, serán recibidos en Santiago de Compostela, polos representantes municipais de todos os concellos participantes.

Sociedade