A pola 40 edición do Minibasket

Xogáronse máis de 90 partidos nas instalacións de FIMO
25 de Xuño, 2019 - 10:25 h. | Publicada por Radio Fene

Case un cento de xogadores e xogadoras de entre 8 e 12 anos participaron no Minibasket 3x3 do Universitario Ferrol.

Celebrouse unha nova edición do torneo 3x3. Case un cento de xogadoras e xogadores de mini e premini, de entre 8 a 12 anos, déronse cita o pasado sábado nas instalacións de FIMO, na trixésimo novena edición do Torneo de Minibasket 3 x 3 que organiza, desde decembro do ano 2000, o Universitario de Ferrol.

Máis de 90 partidos disputáronse nas 4 canchas dispostas ao efecto, entre a sesión de mañá e de tarde e que serviron para despedir a tempada nun ambiente de camaradería non exento de sana rivalidade.

Patri Cabrera, pola mañá (na imaxe) e Ricardo Aldrey, pola tarde, colaboraron activamente. Todos conxuráronse para celebrar, ao grande, a edición número 40, no próximo Nadal na que é posible que participe xa algunha filla ou fillo dos que o fixeron na primeira edición, hai 20 anos.

Deportes

Publica o teu comentario agora