Pola comarca. A CIG non espera.

Pola comarca. A CIG non espera.

28 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xornada de folga, xornada de loita, así califica a CIG o paro de seis horas que convocou o sindicato nacionalista hoxe na comarca de Ferrol, entre as 9 da mañán e as 3 da tarde. Ás 12,30 sairá do Inferniño en Ferrol a manifestación en defensa da comarca, unha das que máis crudamente padece a crise económica, con 20.000 desempregados ou a perda de 17.000 habitantes nos tres últimos anos. Os polígonos industriais de As Lagoas, R

O secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, e un dos secretarios do sindicato nacionalista na comarca, Manuel Grandal, uníronse á marcha que partía parasadas as 9,30 da mañán da Avenida do Concello de Fene.

Minutos antes de iniciar a marcha, Xesús Seixo declaraba a Radiofusión que todo o que está pasando ten moito que ver cun modelo económico que fallou e que ten que mudar. Respondía á falta de unidade sindicalnesta xornada de loita,aludindo a que asistimos a duas dinámicas sindicais moi distintas, a da CIG e a do sindicalismo estatal representado por CCOO e UXT. Afirma Seixo que estes últimos "prantexaron un modelo sindical de colaboración co poder, de consensos que sempre acaban coa imposición da patronal" engadindo que a CIG ten que decirlle á xente que hai que dar o debate ideolóxico e que só coa mobilización se poden cambiar as cousas. Afirmaba o Secretario Xeral da CIG que intentaron na comarca facer unha xornada de loita unitaria, que non foi posible. E engadíu Seixo "Nos non podemos permanecer pasivos e agardar por eles".

O secretario comarcal, Manuel Grandal, calificaba de culpables da situación do sector naval e da comarca en xeral, aos diferentes gobernos, e de cómplices a CCOO e UXT. Afirma Grandal que "se morre o naval, morre a comarca". Unha comarca, dixo, que sofre a crise cunha virulencia especial, e na que cada día hai máis desempregados na beneficencia.

 

 

Sociedade