Pola paz

Pola paz
17 de Xullo, 2023 - 04:13 h. | Publicada por Radio Fene

Un grupo de usuarios de Aspaneps  traballan no repintado do mural da fachada principal da Casa do Concello de Fene. Falamos con un deles, Miguel Angel Campello, desta e outras actividades que realizan antes de coller as vacacións no mes de agosto

ESCOITA O PODCAST:

Comezaron esta mañá cos traballos para poñer a punto o mural pintado por Xaquín Marín na fachada da Casa do Concello. “Fene pola paz e o desarme” é o tema deste mural pintado no ano 1983, coincidindo coa declaración do termo municipal como zona desnuclearizada. O equipo de usuarios do Centro Ocupacional de Aspaneps Fene traballarán nel durante dos próximos días co seu coordinador, Xabier Picos, a fronte

Sociedade

Publica o teu comentario agora