Pola promoción da autonomía persoal e a accesibilidade

Pola promoción da autonomía persoal e a accesibilidade

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da apertura da convocatoria para a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade. Serán persoas beneficiarias as que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: Grao III, nivel 1 e 2 e Grao II, nivel 1 e 2.

As axudas subvencionables inclúen a adaptación funcional e eliminación de barreiras arquitectónicas dentro do fogar, adquisición de próteses dentais e audífonos e axudas técnicas ou produtos de apoio (aseo e hixiene persoal, alimentación ou mobilidade). 

Para obter estas axudas requírese:  

- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia

- Que a axuda solicitada derive do grao e nivel de dependencia recoñecido 

- Que a axuda solicitada non estea incluída no eido doutras liñas de protección social ou sanitaria, agás o disposto para as persoas en situación de dependencia

- Que a renda per cápita familiar non supere as seguintes cantidades:

Ata o 175% do IPREM cando estea constituída por un só membro.
Ata o 150% do IPREM cando a unidade familiar estea constituída por dous membros.
Ata o 125% do IPREM cando estea  constituída por tres ou máis membros.

Sociedade