Pola xubilación aos 60 anos

Pola xubilación aos 60 anos

28 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pedían a xubilación aos 60 anos. Era unha das reivindicacións sindicais en 1975. Ainda non morrera Franco, Comisións Obreiras e o Partido Comunista eran ilegais pero presentábanse ás eleccións do Sindicato Vertical para aproveitar a estructura montada polo réxime, en beneficio do labor clandestino e dos intereses dos traballadores.

As últimas eleccións sindicais do franquismo celebráronse na primavera do 75. Os 6.500 traballadores de Astano en Fene (A Coruña) elexia un total de 76 enlaces e xurados sindicais. No estaleiro de Perlío o Partido Comunista xa entrara no Sindicato Vertical en 1971. Catro anos máis tarde a inmensa maioría dos representantes sindicais en Astano, pero tamén en Bazan, compañias auxiliares, Fenya e nas principais empresas da comarca, pertencían ás candidaturas impulsadas por CCOO. Os comunistas pretendían acelerar o final da dictadura de Franco.

Sociedade