A policía desaloxa aos usuarios pechados no Centro Social de Fene

A policía desaloxa aos usuarios pechados no Centro Social de Fene

08 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A policia autonómica desaloxóu esta noite aos usuarios do Centro Social de Fene que manteñen un peche nas instalacións en defensa da praza da traballadora social. A policía personouse no centro da Torre ás 12  da noite ordenando “polas boas ou polas malas” o desaloxo das tres persoas que cubrían o peche no horario nocturno. A policía tomóulles os datos e ameazounos co Xulgado se non desistían da sua acción. Os

Tres usuarios quedaron a durmir no centro para manter a medida de presión, pero a acción frustrouse ás 12 da noite coa intervención policial. O director do Centro Social, Ignacio Orejas, participou na asamblea porque foi a él a quen o Comité de empresa dos Servizos Publicos alertou  das modificacións laborais previstas pola Xunta, un listado no que aparece supimida a praza da traballadora social do centro sociocomunitario de Fene, quen para Ignacio Orejas é moi necesaria.

O director presentou unha alegación a esa modificación laboral, explicando as funcións que desenvolve esta traballadora, segundo declarou na asamblea e nos micrófonos de Radio Fene. Amosou Orejas o informe do comité de empresa contra as amortizacións. A Xunta volverá a recibir aos sindicatos nunha nova mesa negociadora no prazo de quince dias.

O peche iniciouse nada máis rematar a asamblea onte á tarde e continúa hoxe. As horas máis concurridas serán de 5 a 8 da tarde, cando os pechados derrochen máis imaxinación. Para as 5 desta tarde está previsto un baile, segundo anuncióu, Manuel Caldevilla, un dos representantes dos usuarios. No programa de actividades contémplanse para os próximos dias, Karaokes, partidas de tute ou bingos. Algún dos usuarios que asistiron á asamblea botaron en falta o apoio dos grupos políticos ou das entidades veciñais, porque o centro social "é de todo o pobo".

Sociedade