A Policía desaloxa a sala Yago

A Policía desaloxa a sala Yago

23 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Policia desaloxou este meiodia a sala Yago de Santiago de Compostela, ocupada por colectivos que reclaman a utilización cultural do antigo cine. As forzas de seguridade tomaron posicións na rúa do Vilar desde as 11 da mañá entrando no edificio arredor das duas da tarde e levando detidas ás 11 persoas que se atopaban no interior. Posteriormente realizaron cargas para disolver a grupos de xente que se concentraba nas inmediacións e amosaba a súa

O BNG cualificou de "desproporcionada" a actuación policial, mentras que o alcalde da cidade Gerardo Conde Roa, asegurou que caerá sobre os detidos "todo o peso da lei". A sala Yago é de propiedade privada e leva anos pechada, pero o Concello asegurou hoxe que ten un proxecto para instalar no local unha escola de jazz.

Sociedade