Poligal. Outra deslocalización

Poligal conta cun plantel de 110 empregados directos e máis de 60 indirectos
25 de Febreiro, 2019 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo Perelada comunicou o venres 22 de febreiro aos traballadores, por sorpresa, a presentación dun "concurso de acreedores con liquidación".

A dirección de Poligal comunicou o venres pasado aos traballadores da fábrica en Narón a presentación dun concurso de acreedores con liquidación, no xulgado do Mercantil de Barcelona. Unha noticia sorpresa e inesperada para os traballdores de Poligal en Narón. O Comité de empresa amosa un rexeitamento á que parece ser unha deslocalización da empresa cara a Portugal e Polonia. Falan dunha deriva empresarial que se iniciaría en 2012 por parte da actual dirección , encabezada por Santiago Font. Poligal leva 28 anos aportando riqueza á comarca. O comité dirixiuse ás administracións demandando o seu apoio e a defensa dos 110 empregos directos de Poligal Narón e máis de 60 indirectos.

Esta mañá convocaron unha manifestación que saiu da fábrica ás 9,30 en dirección á casa do concello de Narón “ En Defensa do emprego e da viabilidade da firma”. Alí se reuniron con portavoces do concello. Ás cinco desta tarde manterán unha reunión na Subdelegación na Coruña, con Pilar Lopez Rioboo.

O calendario de movilizacións leva aos traballadores de Poligal a Santiago o mércores ás 11:00 cos Grupos Parlamentarios. O xoves asistirán ao pleno do Concello de Narón e o venres dia 1 de marzo acudirán á Deputación da Coruña, a primeira hora da mañá.

Sociedade

Publica o teu comentario agora