Polo fomento da lectura

Polo fomento da lectura

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os pilotos de Fene Edgar Vigo e Fátima Ameneiro participarán nunha iniciativa para impulsar a lectura entre os xovenes. Os dous deportistas feneses foron invitados pola “rede de bibliotecas escolares galegas” como exemplo para a xuventude e para potenciar este obxectivo do fomento da lectura. Nesta iniciativa tamén participan xornalistas, escritores e outros deportistas. Edgar Vigo e Fátima Ameneiro acaban de rematar a súa participación no Rallye de Noia

O equipo EVILSCRATCH aos mandos do seu Civic VTI, chegaba a esta proba tras ter que amañar o coche nun tempo récord, xa que o golpe sufrido en Lalín fora de gran consideración. Debido a isto, o plantexamento de carreira dos de Fene consistiu en non arriscar demasiado nos primeiros tramos para comprobar o bo funcionamento de tódolos elementos e así, comezar a correr a partir da tarde. O tempo perdido neses primeiros tramos foi fundamental á hora de non obter un mellor resultado, pero o obxetivo de chegar a meta era moito máis importante, xa que un novo accidente podería obrigar ao abandono da competición durante esta tempada pola falla dun maior número de sponsors que permitisen correr a tope para loitar pola victoria. Mentres tanto, O equipo TROMPOSIS, capitaneado por Nayen, realizou unha carreira intelixente para continuar a sumar puntos de cara ao final da tempada. O seu 206 voltou a demostrar que é un vehículo efectivo e regular que lles permite estar sempre na liña de meta ao igual que a pilotaxe de Nayen e José. Moi esperanzados para o rali de Narón onde estarán en postos de cabeza.

Deportes