Ponse en marcha a depuradora de Cariño

Ponse en marcha a depuradora de Cariño

06 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Bota a andar a estación depuradora de augas residuais de Cariño. O proxecto comezou no ano 2005 e a súa actividade basearase en tratar as augas residuais dunha poboación que rolda os 8000 habitantes. A infraestrutura soportará un caudal de máis de 2000 metros cúbicos de residuos ó día.

A execución desta actuación incluíu ademais a instalación de colectores xerais, aliviadoiro e bombeo e executouse tamén unha obra de alivio de emerxencia  para  evitar o refluxo das mareas. A EDAR sitúase no porto de Cariño, ocupando unha superficie de 500 m2 dentro dun edificio do mesmo aspecto que os da súa contorna. A infraestutura estará xestionada pola Xunta de Galicia durante os vindeiros 20 anos.

Sociedade