ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O patrimonio inmaterial galego-portugués aínda non está protexido internacionalmente, afirman desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas. Desde a entidade continúan a traballar para acadar o recoñecemento da Unesco e sinalan, como factor fundamental para non logran este obxectivo, a desidia dos gobernos español, portugués e galego. Desde o ano 2001 até o 2005 xestaron esta candidatura que foi presentada na sede da Unesco
Tras esta primeira presentación, na que a Unesco recomendou reforzar á candidatura para un novo intento, Ponte… nas Ondas confía nunha nova proposta. “Temos como exemplo o caso do flamenco que intentouno durante cinco anos e agora está incluído na lista de patrimonio inmaterial protexido”, declarou en Radiofusión o Presidente da Comisión Promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial coma Obra Mestra da Humanidade, Santiago Veloso.
Segundo Veloso a candidatura non fructificou polo límite de proclamacións e os filtros que había que superar. “De todos os xeitos estivo a piques de ser acolllida pero a Unesco pedía un proxecto máis concreto e unha posterior presentación”, subliñou. Esta nova candidatura non chega a prosperar, asegura Veloso, por temas de política, burocracia e da tramitación da prosposta. “Os Estados non entenden que deben asumir as propostas da sociedade civil”, argumentou.
Ademais, explicou que as relación entre Galicia e Portugal están moi mediatizadas polo triángulo Madrid- Lisboa- Santiago. “Non resulta doado que Madrid e Lisboa apoiara unha candidatura galega pero así llo reclama a sociedade civil”, manifestou.