Pontedeume e Mugardos rescatan a vida do guerrilleiro “Pancho”

Pontedeume e Mugardos rescatan a vida do guerrilleiro “Pancho”

14 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Ateneo e o colectivo Terra de Pontedeume, xunto co concello de Mugardos, rescatan a figura do guerrilleiro Francisco Martínez Leira, coñecido por “Pancho” a través de charlas, documentais e música. Actos que comezan este venres día 16 en Pontedeume cunha conferencia do historiador, Bernardo Máiz, na sede do colectivo Terra, ás 19,30h. Actuarán os músicos Mini e Mero. Bernardo Máiz repetirá á semana seguin

Francisco Martínez Leira, Pancho, naceu na parroquia eumesa de Ombre en 1916 e morreu no mesmo lugar o 31 de decembro de 1954. Fora carpinteiro de gradas de Bazán, comunista clandestino ata 1948 ano no que, ao ser descuberto, botouse ao monte. Os historiadores sosteñen que foi dos que se negaron a fuxir ao exilio cando o Partido Comunista decidiu deixar a loita armada e replegar aos guerrilleiros a Francia, a primeiros da década dos 50.
O historiador Bernardo Máiz describe a Pancho como "un guerrilleiro cun perfil moi político pero tamén de grande activista"

Os actos de lembranza do guerrilleiro Pancho retomaránse o 13 de febreiro coa proxección da película “A cidade da selva” de Helena Villares e Pilar Faxil e o 20 dese mes rematarán coa proxección do documental “As silenciadas” de Pablo Ces e unha tertulia coa profesora Aurora Marco.

Sociedade