Pontedeume: no parking, no business

Pontedeume: no parking, no business

17 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pedimos moitas veces e xa estamos cansos, afirman os comerciantes de Pontedeume. A pinga que colmou o vaso foi a reducción das prazas de aparcamento na zona do porto. De 150 lugares pásase a 50. As vendas dos seus negocios dependen da existencia de áreas de estacionamento, indica a presidenta de UCOA Chus Grandal.

Como primeira medida de presión o luns pecharán os establecementos comerciais de Pontedeume entre as 11 e as 12 da mañá. Concentraránse diante da Casa do Concello e desde alí irán en manifestación ata a avenida Ricardo Sánchez. Nas oficinas de Foremdes, sede provisional da Corporación, entregarán as 2000 asinaturas recollidas respaldando as súas peticións. Reclaman a apertura de zonas provisionais de aparcamento e a preparación de áreas para estacionamento de vehículos a medio prazo.

Sociedade