Pontedeume volcaráse o domingo para levar arriba ao Eume Deportivo

Pontedeume volcaráse o domingo para levar arriba ao Eume Deportivo

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

En Pontedeume e en Ortigueira xóganse este domingo os partidos máis esixentes e excitantes da tempada do grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol. O Eume Deportivo ten a ventaxa dun punto sobre os do Ortegal pero quere gañarlle ao Animas para asegurar o liderato e o ascenso de categoría.

O Eume adestrará esta tarde e mañá o plantel gozará de asueto para participar na romería de Breamo. O equipo de Pontedeume contará coas baixas de Minelo por lesión e de Pirri por sanción. Segundo o adestrador Juan Fernández, o partido do domingo é superimportante e os xogadores se encontran moi motivados. O Eume xógase toda a tempada en 90 minutos. No campo da Gándara espérase unha gran entrada con máis de 500 afeizoados. Agardan que Pontedeume se volque no apoio ao seu equipo.

Deportes